Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Historia

A historia dos Frades Menores estivo e está, ligada ao mundo do coñecemento e a cultura humanística e relixiosa. En España, a finais do século XIX os franciscanos iniciaron un intenso labor editorial e xornalística, coa fundación da Revista Franciscana por Frei José Clarina en 1873. En 1884, da man do Frade Juan Marquina, en Santiago de Compostela, publícase O Eco Franciscano, en cuxas páxinas deixaron plasmadas as súas descricións eruditos como o literato e membro da Real Academia Galega Fr. Samuel Eiján, o xurista Fr. José Campelo ou os historiadores Fr. Atanasio López ou Fr. Manuel Rodríguez Pazos. Como consecuencia do nivel cultural e editorial da Provincia de Santiago, O Eco Franciscano ocupa un papel fundamental para estudar e comprender a cultura e historia franciscana no seu conxunto. En 1935 publicábanse trinta e dúas revistas e boletíns populares entre todas as provincias franciscanas españolas, estaban en marcha os importante talleres literarios impulsados por Fr. Samuel Eiján Lorenzo ou Fr. Juan Rodríguez Legísima, a organización de congresos e un importante labor cultural que levou a colaboración de franciscanos coa escritura de columnas na prensa rexional de todo o país.

En 1930, os estudantes de teoloxía do Colexio Franciscano de Santiago, fundaron o Liceo Franciscano. Unha revista onde plasmaban a aprendizaxe que obtiñan. Unha publicación que perviviu no tempo e que se publicou ininterrompidamente oitenta e sete anos, chegando á actualidade e converténdose nunha das revistas máis antigas de Galicia. O Liceo Franciscano pasou por dúas épocas. Durante a primeira, foi unha revista de estudantes onde escribían as súas inquietudes intelectuais. Foi coa segunda dirixida, iniciada en 1948 cando a revista adquiriu unha concepción académica. Nos últimos anos estivo dirixida polo historiador Fr. José García Ouro, un dos máis importantes e prolíficos medievalistas españois e autor de investigacións fundamentais sobre o Renacemento en Galicia, o Cardeal Jiménez Cisneros ou a reforma eclesiástica nos séculos XV e XVI. Dirección que compartiu nos últimos anos con Fr. Hipólito Barriguín, historiador e arquiveiro, que deixou un inxente traballo sobre os conventos franciscanos de España ou sobre o historiador Fr. Atanasio López. Na actualidade, co inicio da nosa Terceira Época, nos albores do noso 90 aniversario, pretendemos seguir fomentando os estudos e investigacións en ciencias humanas e teolóxicas. Xunto con nosa editorial, O Eco Franciscano, queremos seguir o legado que nos deixaron os nosos antecesores: o espírito crítico, o afán de coñecemento e o valor pedagóxico e divulgativo da nosa cultura.
Revista número 1 Revista Enero - Abril 1945 Revista Enero - Diciembre 2015

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.