Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Noticias e novidades

Membro do consello de redacción, docente invitado do máster online da Universitat Jaume I de Castellón

06/09/2017

Membro do consello de redacción, docente invitado do máster online da Universitat Jaume I de Castellón
Francisco Leira, membro do consello de redacción do Liceo Franciscano, é profesor invitado do Máster Historia Militar das Guerras Contemporáneas da Universitat Jaume I de Castellón que se imparte en liña. Nel participan os historiadores máis relevante en historia militar de España.
O Máster está dirixido a graduados, licenciados, doutores e profesionais dos ensinos medios que queiran realizar estudos de especialización relacionados co tema da Historia Militar das Guerras Contemporáneas. Os campos de estudo serán especialmente a Historia, os estudos das Forzas Armadas e as Humanidades en xeral.
Depende da dirección do Máster que poidan cursarlo os seguintes casos:

-Titulados universitarios.
-Estudantes das titulaciones de grado que teña pendente de superar menos de trinta créditos ECTS (incluíndo o traballo Final de Grado). Nota: Este estudiantado non poderá optar a ningún certificado nin á expedición do título propio ata que non se obteña a titulación correspondente.
-Profesionais do sector que, sen posuír título universitario, acrediten suficiente experiencia profesional (polo menos tres anos) como directivos ou empregados en empresas ou institucións vinculadas ao ámbito de estudo.


DATOS XERAIS
Duración: 60 créditos ECTS
Modalidade: en liña
Datas: 23 de outubro 2017 ao 30 de setembro de 2018
Teléfono de Contacto: 964 38 72 09/22
Lugar: FOI-UJI. Edificio Consello Social. Campus Riu Sec. Universitat Jaume I. Castellón (ver mapa)
Título / Diploma obtido: Master Propio da Universitat Jaume I

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.