Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Noticias e novidades

Entrevista de Francisco Leira Castiñeira en CorreoTV presentando a nova época da revista

25/10/2017

Entrevista de Francisco Leira Castiñeira en CorreoTV presentando a nova época da revista
O secretario Francisco J. Leira Castiñeira, encargouse de presentar en CorreoTV, en nome do equipo de redacción dirixido por Juan Manuel Buján, o último número da revista que se encarga de iniciar a nova etapa. Foi no programa Preguntoiro que conduce Silvia Castiñeira, onde se destacaron as novidades desta nova andadura pero remarcando que se pretender continuar co espírito que levou ao Liceo a converterse nunha da revistas de referencia en Galicia, dentro das ciencias humanas. Novidades como adaptarnos aos novos tempos coa creación dunha páxina web e o uso de redes sociais, a aposta por números misceláneas no que convivan artigos de historia, arte ou filosofía e o cambio de maqueta, deseñada por Icono Servicios Integrales.
Un labor imposible de levar a cabo sen a dedicación do resto de membros de consello de redacción, con Fr. Joaquín Pulleiro, Fr. Enrique Mourille, Fr. Martín Carbajo, Fr. Miguel de Mata, Francisco Buide e Antonio Gutierrez, con Juan Manuel Buján á cabeza e a aposta do Ministro Provincial José Antonio Castiñeira Chouza por continuar coa difusión da cultura.
Entrevista de Francisco Leira Castiñeira en CorreoTV presentando a nova época da revista

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.